Tag Archive | Día das Letras Galegas

Un país de palabras

Debo agradecerlle ao meu avó que desde neno me ensinase que os contos, coma a vida, non son máis que detalles e que o tempo simplemente non existe.

Carlos Casares. Fragmento de “Un país de palabras” (1998).

17 de maio

 

¡¡Feliz Día das Letras Galegas!!

 

Lembrando a Rosalía de Castro no Día das Letras Galegas


Rosalía de Castro. Cecilia Varela

III

Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso
no mundo n’hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!

Galicia frorida,
cal ela ningunha,
de froles cuberta,
cuberta de espumas,

de espumas que o mare
con perlas gomita,
de froles que nacen
ó pé das fontiñas.

De valles tan fondos,
tan verdes, tan frescos,
que as penas se calman
nomáis que con velos;

que os ánxeles neles
dormidos se quedan,
xa en forma de pombas,
xa en forma de niebras.

Cantares Gallegos. Rosalía de Castro